デポルティーボ・ラ・コルーニャのインスタグラム(rcdeportivo) - 4月27日 20時47分


#OSNOSOS | O #Dpor encérrase en #ABANCARIAZOR hoxe e mañá "nunha semana con moita máis alegría, máis optimismo"

O plan de viaxe a Córdoba alterou a planificación semanal de traballo do Deportivo nunha semana "que se encara de distinta forma despois dunha vitoria", tal e como explicou en rolda de prensa Rubén Díez, "con moita máis alegría, máis optimismo".

O volante branquiazul asegura que "o equipo está a adestrar moi ben, con moitísimas ganas de que chegue o partido do domingo" no Nuevo Arcángel de Córdoba (20:00 horas, InStats.tv).

A xuízo de Rubén, "é un partido importante para nós porque estes 3 partidos que veñen son os que van marcar a temporada".

Debido a que o adestramento do sábado, previo ao encontro, ten que ser por esixencias da viaxe na propia Ciudad Deportiva del Córdoba CF - Rafael Gómez, Óscar Cano recorreu a #ABANCARIAZOR hoxe e mañá venres ás 10:30 para completar dúas sesións de alta carga táctica.

Esta mañá, após un quecemento e un exercicio de posición, o corpo técnico branquiazul dispuxo ademais unha tarefa de transicións e un partido 11 contra 11 xa co plan para o domingo.

Pepe Sánchez comezou a facer hoxe tarefas co grupo nunha xornada na que o fabrilista Brais Val representou a #ANOSACANTEIRA.


[BIHAKUEN]UVシールド(UVShield) 更年期に悩んだら

>> 飲む日焼け止め!「UVシールド」を購入する

2,712

11

2023/4/27

デポルティーボ・ラ・コルーニャを見た方におすすめの有名人